Manuel Villanueva será o pregoeiro das Festas do Carme 2022
Por Redacción
As Festas do Carme de Marín 2022 xa teñen pregoeiro. O encargado de tal honra será o xornalista marinense Manuel Villanueva, director xeral de contidos de Mediaset España.
Así o confirmou este sábado a alcaldesa, María Ramallo, acompañada dos concelleiros Manuel Santos, Marián Sanmartín e Itziar Álvarez, dando a coñecer algúns dos detalles das festas máis importantes da tempada estival na vila.
Aínda que a programación festiva desvelarase aínda nos próximos días, Ramallo si avanzou que a lectura do pregón terá lugar o día 9 de xullo na Alameda.
Manuel Villanueva conta cunha ampla traxectoria no mundo da televisión, pasando pola TVG como adxunto ao director de programas ata o ano 1989 e posteriormente como director de programación. Despois daría o salto a Madrid para facerse cargo da dirección de programación da recentemente nada Telecindo, pasando despois por Canal + ou Antena 3 para regresar finalmente ao Grupo Mediaset como director xeneral de contidos. Ademais acaba de presentar o libro 'Palabra de vino. El placer de una grata converesación hasta apurar la botella', no que conversa con 34 personalidades de distintos ámbitos.
Xunto a este anuncio o Concello de Marín deu a coñecer o cartel escollido este ano para as Festas do Carme, confeccionado polo artista Francisco Orjales e que supón unha homenaxe aos mariñeiros falecidos no mar con especial recordo ao tráxico e recente suceso do Villa de Pitanxo que sacudiu por completo a localidade.
Relacionadas:
-
Manuel Villanueva, no inicio das Festas do Carme: "A Marín nunca lle puiden negar nada"
Por Redacción |
-
París de Noia, Panorama e unha Batalla de flores nas noites de verán das Festas do Carme
Por Redacción |
-
Nova localización na Praza de España para as atraccións da Festa do Carme
Por Redacción |
-
A gala Xacobeas, con Mel C, Ana Mena, Tanxugueiras ou Edurne, será de entrada libre
Por Alejandro Espiño |
-
Mel C, Ana Mena, Edurne, Ana Guerra ou Tanxugueiras, na gala Xacobeas en concerto
Por Alejandro Espiño |