París de Noia, Panorama e unha Batalla de flores nas noites de verán das Festas do Carme
Por Redacción
A un mes do Día do Carme, o Concello de Marín desvela parte da programación que se vén preparando nos últimos meses.
A concelleira de Festas, Marián Sanmartín, asegura que este verán "está pensado para que gocemos de Marín, para que dinamicemos as nosas rúas e que teñamos ocio de distinto tipo durante todas as semanas". Aínda así, os días centrais das Festas do Carme sempre recollen unha programación especial.
Nesta ocasión, a Gala Xacobeas do 15 de xullo será unha das grandes atraccións, esperándose a asistencia de cerca de 15.000 persoas, pero non será o único gran espectáculo.
Tal e como adiantou o Concello este xoves, serán varias as orquestas que amenicen as noites do verán deses días. O 11 de xullo, será a Orquesta KUBO; o 13, París de Noia; o xoves 14, Panorama, e o 16, Marbella. Todos os concertos serán na Praza de España.
Ademais, Sanmartín adianta que tamén haberá Batalla de Flores Nocturna, que se celebrará o martes, 12 de xullo, polas principais rúas de Marín.
Relacionadas:
-
Haberá un amplio dispositivo de seguridade en Marín nos días fortes das Festas do Carme
Por Oskar Viéitez |
-
Unha animada batalla de flores enche de bo ambiente a noite marinense
Por Redacción |
-
As Festas do Carme de Marín acollerán máis atraccións de feira que en anos anteriores
Por Redacción |
-
O xoves ábrense as inscricións para a Batalla de Flores de Marín
Por Redacción |
-
Marín deseña un "verán para vivilo"
Por Redacción |
-
Nova localización na Praza de España para as atraccións da Festa do Carme
Por Redacción |
-
Manuel Villanueva será o pregoeiro das Festas do Carme 2022
Por Redacción |
-
A gala Xacobeas, con Mel C, Ana Mena, Tanxugueiras ou Edurne, será de entrada libre
Por Alejandro Espiño |