O parque infantil da Praza de Europa permanecerá pechado durante dúas semanas por obras
Por Redacción
Despois de rematar os traballos de arranxo integral e mellora da área de lecer situada no Mirador, que se reabriu ao público o pasado venres, o Servizo Municipal de Parques e Xardíns puxo en marcha este xoves as obras de reparación e renovación de todo o pavimento e dos elementos de xogo do parque infantil da Praza de Europa.
O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes informou que a intervención suporá un investimento de 10.285 euros e contempla "o arranxo de tódalas fendas e roturas do seu desgastado pavimento de herba sintética, así como o pintado e revisión dos diferentes xogos".
O edil socialista anunciou que "o parque infantil permanecerá pechado ao uso durante un mínimo de dúas semanas, posiblemente algo máis, pode que 20 días. Na zona da tirolina efectuarase unha importante achega de area, rexenerando todo o seu pavimento, así como algún axuste na propia tirolina".
Puentes lembra que o seu departamento xa realizara previamente un investimento duns 40.000 euros no proxecto que fixo posible restaurar a zona de xogos da Praza de Europa, dotala dunha tirolina de máis de 20 metros de lonxitude, mellorar o pavimento de terrizo do contorno desta área de lecer infantil e delimitar a súa rede de sendas internas mediante bordos de formigón.
Ademais engadiu que "este esforzo terá continuidade cun plan de reforma integral de todo o parque" que contará cun orzamento duns 60.000 euros e que incluirá a creación dunha nova pista polideportiva e a renovación de todo o mobiliario.
Un proxecto de axardinamento e mellora paisaxística de todo o parque da Praza de Europa, entre as rúas Bélxica e Alemaña, que terá como guinda a xeración desa pista multideporte na área interior, a que dá cara á igrexa, afirmou Puentes.
Relacionadas:
-
Os parques infantís da Praza de Europa e do Mirador locen "como novos" para este verán
Por Redacción |
-
Pontevedra estreará antes de final de ano o primeiro parque infantil con xogos de auga
Por Alejandro Espiño |
-
O parque infantil da pasarela de José Adrio estrea xogos adaptados
Por María José Pita |
-
O renovado parque Amalia Álvarez: un investimento de 60.000 euros e unha área de xogos de 284 metros
Por Redacción |