O Porto de Marín retirou 11.440 quilos de lixo mariño no que vai de ano
Por Redacción
Este mércores 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos, co propósito de informar sobre o impacto dos humanos no medio mariño, desenvolver un movemento mundial de apoio e unir á poboación nun proxecto para a xestión sostible dos nosos mares.
Coincidindo esta data, a Autoridade Portuaria de Marín e a frota pesqueira lembran o seu compromiso coa retirada de lixo mariño das nosas costas. Froito desta colaboración, no que vai de ano retiráronse xa 11.440 quilos de lixo procedente do litoral e fondos mariños.
O Porto leva implicado desde 2014 no empeño de manter limpas as costas e así se sacaron do mar preto de 161.000 quilos de lixo que son traídas a terra polos barcos que faenan no litoral. A Autoridade Portuaria recibe estes residuos, clasifícaos e trasládaos a un compactador para posteriormente trasladalos a un xestor autorizado de residuos.
Esta actividade desde 2014 é continuidade de proxectos anteriores nos que participou o Porto de Marín como "Nada pola Borda" e "Pescal", que foron accións temporais pero que a Autoridade Portuaria decidiu manter en colaboración cos armadores de pesca de Marín e a empresa Casercan, reforzando así o seu compromiso coa pesca sostible e responsable.
Relacionadas:
-
Seis mercantes con preto de 85.000 toneladas de mercadoría comparten este luns operativa en Marín
Por Redacción |
-
Greenpeace reivindicará a protección dos océanos en Vilagarcía o vindeiro sábado
Por Redacción |
-
Ona Carbonell, unha voluntaria máis na limpeza da illa de Cortegada
Por Alejandro Espiño |
-
O fondo de Areoso, limpo de máis dunha tonelada de residuos mariños
Por Redacción |
-
Pescadores de Cambados e da Illa contribúen ao proxecto europeo de limpeza de lixo mariño
Por Redacción |
-
O Porto de Marín retira residuos submarinos da dársena de Praceres
Por Redacción |