Ona Carbonell, unha voluntaria máis na limpeza da illa de Cortegada
Por Alejandro Espiño
As xornadas de limpeza dos fondos mariños que, de maneira regular, impulsa Afundación dentro do programa denominado Plancto, contou este mércores cunha participante estelar: a medallista olímpica de natación sincronizada, Ona Carbonell.
A deportista catalá desprazouse ata a illa de Cortegada, en Vilagarcía de Arousa, para poñer o seu gran de area a estas tarefas de recollida de lixo mariño e concienciar á poboación sobre a importancia de coidar o medio ambiente e os mares.
"El planeta es de todos y si no lo cuidamos nos quedaremos sin él", explicou Carbonell no porto de Carril, antes de embarcar cara a Cortegada. Por iso, asegurou que "no lo dudé" cando recibiu a invitación para participar nestas xornadas.
A pouco máis de dous meses para converterse en nai por segunda vez, a madriña desta xornada explicou que "mi mundo, mi vida, es el agua, es el mar, es donde me siento feliz" e por iso alertou sobre a presenza masiva de microplásticos nas súas augas.
Tras recoñecer que "hay mucho camino por recorrer" para poñerlle freo a esta situación, Ona Carbonell insistiu en que "es muy importante que todo el mundo se implique" neste tipo de iniciativas, especialmente cando se trata de persoas con relevancia pública.
Asombrada polo encanto de Cortegada e alegre porque "el sol hoy nos acompaña", Carbonell compartiu esta xornada co voluntariado deste programa que, nesta ocasión, estivo formado por xubilados do Espazo +60 de Ourense, membros das asociacións Bata e Con Eles ou as propias mariscadoras de Carril.
En total, foron máis de 52 os quilos de lixo recollidos nos diferentes areais da illa, entre os que destacaron pola súa abundancia os tarugos plásticos extraviados durante os labores de cultivo de mexillón nas bateas.
Ademais, retiráronse pequenas marañas de seda, anacos de redes, tapóns, botes e botellas de bebidas, cabichas, restos de plástico de bastós para as orellas, palliñas para beber ou diversos envoltorios de plástico que non puideron ser identificados.
Relacionadas:
-
Retiran máis de 260 quilos de residuos das praias de Cortegada
Por Redacción |
-
Retiran máis de 10 toneladas de pneumáticos e outros refugallos dos fondos da Illa de Arousa
Por Redacción |
-
Máis de 100 persoas voluntarias retiran 300 quilos de residuos en Area da Cruz e Raeiros
Por Redacción |
-
Toneladas de máscaras, aparellos de pesca, pneumáticos e plásticos retirados da costa grazas ao proxecto Plancton
Por Manu Otero |
-
A exseleccionadora nacional de natación artística Esther Jaumá imparte un clínic este venres no CGTD
Por Redacción |
-
Mergulladores voluntarios retiran 200 quilos de lixo do porto deportivo de Portonovo
Por Redacción |
-
Recepción na Subdelegación do Goberno a Daniela Suárez, a nadadora máis laureada da sincronizada en Galicia
Por Manu Otero |
-
O Porto de Marín retirou 11.440 quilos de lixo mariño no que vai de ano
Por Redacción |
-
Retiran máis de 3 toneladas e media de residuos dos fondos da contorna da Illa da Toxa
Por Redacción |
-
Retiran preto de media tonelada de residuos no illote de Areoso
Por Redacción |
-
O fondo de Areoso, limpo de máis dunha tonelada de residuos mariños
Por Redacción |
-
Retiran máis de 400 quilos de residuos da praia da Lanzada en apenas catro horas de traballo
Por Redacción |