Unha parella sae ilesa despois de que o seu coche caese ao mar en Aguete
Por Oskar Viéitez
Á primeira hora da tarde deste mércores un guindastre recuperou do fondo do mar un coche afundido no peirao de Aguete.
O accidente tivo lugar este martes pola noite. Unha parella atopábase no interior do vehículo que acababan de estacionar na rampla do peirao.
Por erro retiraron o freo de man e o turismo empezou a deslizarse pendente abaixo sen dar tempo aos seus ocupantes para evitar a caída do vehículo á auga.
Afortunadamente non se produciron danos persoais. A parella abandonou o coche polos seus propios medios.