"Sanxenxo, degusta tapas" celebrará en xuño a súa edición número 12
Por Redacción
A décimo segunda edición do concurso "Sanxenxo, degusta tapas" terá lugar entre o 3 e 19 de xuño. Os responsables daqueles establecementos de hostería local que queiran competir nesta cita gastronómica coas súas propostas creativas e tradicionais teñen de prazo para inscribirse ata o xoves 12 de maio.
Turismo de Sanxenxo destaca que este concurso converteuse en "un escaparate perfecto para mostrar distintas técnicas de elaboración con produtos autóctonos e con presentacións orixinais". O prezo de cada tapa será de 2,50 euros sen consumición.
Co obxectivo de que se poidan coñecer as distintas propostas, as bases do concurso recomendan poñer un horario de degustación o máis amplo posible cun mínimo de dúas horas no servizo do mediodía e outras dúas horas no da tarde/noite.
Unha vez que se coñezan todos os participantes, Turismo de Sanxenxo elaborará un "Degusta Mapa" coa localización de todos os establecementos para facilitar ao público a listaxe de locais.
Todos os establecementos hostaleiros adheridos a esta edición participarán nun concurso onde o público elixirá a mellor tapa creativa e a mellor tapa tradicional. Tan só aquelas persoas que proben tapas en polo menos 5 locais poderán votar a mellor tapa e o que obteña mellor puntuación será o gañador que recibirá o diploma certificativo.
Entre os clientes realizaranse sorteos con distintos agasallos (estancias hoteis, visitas adegas ou ceas) que serán de maior valor canto maior sexa o consumo.
Relacionadas:
-
As mellores tapas de Sanxenxo están este ano en Portonovo
Por Redacción |
-
Vinte e un locais participan desde este venres no duodécimo Sanxenxo Degusta Tapas
Por Redacción |
-
Restaurantes de Sanxenxo apúntanse á conciliación e adiantan a hora de peche á unha da madrugada
Por Redacción |
-
O restaurante Xerfa gana o concurso Sanxenxo Degusta Tapas
Por Redacción |