O restaurante Xerfa gana o concurso Sanxenxo Degusta Tapas
Por Redacción
A edición numero once do concurso Sanxenxo Degusta Tapas serviu máis 3.500 tapas e repartiu 49 premios entre os seus clientes en apenas 17 días que durou a cita e a pesar da situación sanitaria.
Desde o Concello valoran esta convocatoria como "un éxito que demostra o carácter e a garra da hostalería do municipio na que participaron cunhas propostas de gran calidade e estética".
O restaurante portonovés Xerfa alzouse cos primeiros premios tanto na modalidade creativa como a tradicional coas súas tapas Salitre e Paparota de Raia. O local serviu máis de 800 degustacións de ambas as propostas.
O segundo posto para a tapa creativa foi para a Taberna A Batea con "Xarda con gusto non pica" e o o terceiro, para Jaco's Bar con "Burguer explosión china". Na variedade tradicional, o segundo premio foi para El Puerto con "Faxiña de cocido galego con escuma de pataca" e o terceiro para Restaurante Fidel con "Ovos rotos mariñeiros".
Os establecementos gañadores recibirán un diploma que os acreditará como os mellores desta edición de Sanxenxo Degusta Tapas.
Non faltaron os premios para os consumidores das tapas dos 21 locais participantes entre os que se repartiron 49 premios entre tickets e actividades de lecer e tempo libre; visitas guiadas a adegas con catas e obsequios; 10 viaxes en barco a Ons para dúas persoas; estancias para dúas noites nun hotel e spa, viaxe; viaxes en barco pola Ría para dúas persoas e como comidas ou ceas para dúas persoas.
Relacionadas:
-
"Sanxenxo, degusta tapas" celebrará en xuño a súa edición número 12
Por Redacción |
-
Un total de 21 locais de Sanxenxo participan no XI concurso Degusta Tapas
Por Redacción |
-
A hostalería de Sanxenxo recupera en xuño o seu concurso de tapas
Por Redacción |
-
O restaurante Xerfa acapara todos os premios do Sanxenxo Degusta Tapas
Por Redacción |