Queda atrancado nun aparcamento de Poio ao que fora a facer 'trompos' co coche
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O aparcamento habilitado recentemente no Camiño das Bocas, en San Salvador de Poio, é unha zona na que, segundo a Policía Local, os mozos acoden para facer 'trompos' co coche.
Pero desta volta, un destes incívicos condutores pasouse de freada e quedou atrancado na marxe do aparcamento.
Os axentes da Policía Local mediron derrapes de máis de trinta metros de distancia na zona.
O condutor foi sancionado con 500 euros e perdeu seis puntos do seu carné de conducir.
A Policía Local recorda que estes feitos son moi graves e poñen en risco aos demais usuarios da vía, tanto peóns como conductores e ciclistas.