Os vídeos dos cidadáns permiten identificar un condutor temerario en Campelo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A colaboración cidadá foi clave para que a Policía Local de Poio puidera identificar o condutor temerario que circulaba pola zona de Campelo.
Ata tres persoas diferentes remitiron a este corpo municipal os vídeos que gravaron cando se cruzaron co infractor, que ademais xa fora denunciado a través das redes sociais.
Entre outras manobras, as imaxes recollen como o vehículo adiantou a outro nun treito de liña continua ou como circulaba en sentido contrario por unha curva con visibilidade reducida.
Este comportamento, asegura a Policía Local, puxo en perigo aos usuarios da vía.
As achegas dos cidadáns en casos como este, engaden desde a xefatura local, axudan a facer entre todos que Poio sexa unha vila cada vez máis segura.