Unha potente máquina trituradora dá o paso definitivo no proceso de talla de árbores na Alameda
Por Redacción
O proxecto impulsado de mellora e embelecemento integrais do parque da Alameda viviu esta semana un paso definitivo coa eliminación dos tocos das árbores que se tallaran polo seu mal estado de saúde.
Para poder facelo, a Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural contratou o uso dunha potente máquina trituradora capaz de afondar ata medio metro baixo o chan.
O Concello dedicou 7.465,70 euros a esta actuación, que foi executada pola firma Xérmolo SA e permitiu a retirada de oito tocos.
Os traballos foron supervisados polo concelleiro titular do departamento, Iván Puentes, quen, acompañado polo xefe do Servizo de Parques e Xardíns, Manuel Fontán.
Puentes lembrou que un dos obxectivos deste paquete de actuacións pasaba por optimizar as condicións de solidez e estabilidade do arborado.
En semanas pasadas, o departamento que dirixe Iván Puentes xa levara a cabo labores de poda, mediante sistema de trepa, nas principais aliñacións de arborado (especialmente centradas naquelas pólas con maior risco de caída) e unha mellora xeral do pavimento na cabeceira norte da Alameda, coa retirada das zonas de herba e os terróns e o 'bacheado' dos puntos de xeración de pozas de auga con xabre de primeira calidade.
Trátase dunha batería de obras realizadas cun orzamento duns 21.500 euros.
Relacionadas:
-
Os xardineiros municipais denuncian os recorrentes roubos de plantas e flores na Alameda
Por Redacción |
-
Podan os árbores da Alameda e melloran o pavimento dentro do plan para a súa mellora integral
Por Redacción |
-
Preparan unha segunda fase de actuacións para mellorar o estado da Alameda
Por Redacción |