Podan os árbores da Alameda e melloran o pavimento dentro do plan para a súa mellora integral
Por Redacción
Tras actuar sobre os xardíns e o pavimento que rodea o monumento aos Heroes de Ponte Sampaio, os traballos para a mellora integral da Alameda entraron nunha nova fase.
O servizo municipal de Parques e Xardíns está a acometer nestes días labores de poda (mediante sistema de trepa) nas principais aliñacións do arborado.
Esta actuación está a centrarse especialmente naquelas pólas que, en base ao estudo efectuado en profundidade sobre estado das árbores, poden ter un maior risco de caída.
O edil de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, explica que tras a talla das árbores que estaban en peor estado, a poda que se está realizando "permítenos optimizar as condicións de seguridade das árbores e, ao mesmo tempo, as condicións de sombra".
Os traballos están a ser realizados por técnicos cualificados da empresa Arbogal, con todas as medidas en materia de seguridade de trepa e os máis avanzados sistemas da arboricultura.
En paralelo, tamén avanzan as obras de mellora do pavimento na metade norte da Alameda, retirando as zonas de herba e terróns e cubrindo cun xabre de primeira calidade os puntos nos que se xeran pozas de auga coa choiva.
A este respecto, a actuación inclúe o reforzo dos alcriques ao redor das árbores mediante achegas de terra na súa contorna, de xeito que se optimicen as condicións tanto de drenaxe como de aeración para previr enfermidades e tratar de que estean en bo estado fitosanitario.
Este conxunto de actuacións de poda e mellora do pavimento e do contorno das árbores da Alameda supón un investimento global duns 21.500 euros.
A previsión do Concello é que, se así o permiten as condicións climatolóxicas, estes traballos se estendan durante os próximos quince días.
Relacionadas:
-
Tallan e retiran da Alameda un carballo de 25 anos que secara
Por Redacción |
-
Intervención artística e floral na Ferrería para conmemorar o Día do Medio Ambiente
Por Redacción |
-
Unha potente máquina trituradora dá o paso definitivo no proceso de talla de árbores na Alameda
Por Redacción |
-
Preparan unha segunda fase de actuacións para mellorar o estado da Alameda
Por Redacción |
-
Pontevedra senta as bases para dar un "aire novo" ao mantemento de zonas verdes
Por Alejandro Espiño |
-
Unha porta no tempo para coñecer a Alameda ao longo do seu século e medio de historia
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |