Reparado o lavadoiro de Saíñas dos danos causados polos vándalos
Por Redacción
O Concello de Poio vén de levar a cabo a reparación do lavadoiro situado nas proximidades do parque infantil de Saíñas, na parroquia de San Salvador. A actuación foi necesaria para poder arranxar os danos provocados por actos vandálicos.
Os operarios municipais procederon a poñer a punto a cuberta da infraestrutura, que presentaba algunhas tellas rotas. Ademais, tamén se levou a cabo a limpeza e retirada de grafitis e pintadas nas pedras.
O Concello fai un chamamento á veciñanza para que se poña en contacto coa Policía Local no caso de que sexa testemuña de actos incívicos que danan o mobiliario e o patrimonio municipal. Cómpre lembrar que a Concellería de Medio Ambiente xa se viu na obriga de facer outra intervención nesta zona hai uns meses, logo de que uns descoñecidos roubasen parte da superficie sintética do parque infantil.
O alcalde, Luciano Sobral, lembra que, á marxe destas reparacións, os operarios levan a cabo tarefas de limpeza e desbroce de xeito periódico nos lavadoiros das diferentes parroquias do municipio. Nas últimas semanas tamén se procedeu á reparación e pintado doutros lavadoiros en Combarro e San Xoán que se atopaban algo deteriorados.
Relacionadas:
-
Veciños do lugar do Rial denuncian actos vandálicos e ataques ás súas propiedades
Por Redacción |
-
Reclaman a construción dun parque infantil na parroquia de Samieira
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello acondiciona o parque infantil da Praza da Granxa de Campelo
Por Redacción |
-
Rouban tiras de céspede artificial no parque de xogos de Saíñas
Por Redacción |