Rouban tiras de céspede artificial no parque de xogos de Saíñas
Por Redacción
A Policía Local de Poio era alertada durante a xornada do luns 24 da desaparición de varios tepes de herba artificial que cobren o terreo do parque de xogos infantil situado na Rúa Saiñas. Ata o lugar achegouse unha dotación que comprobou o estado en que deixaron a instalación situada nas proximidades dunha escola infantil onde os vándalos levaron tiras situadas debaixo dalgúns das randeeiras.
Os axentes solicitan a colaboración cidadá para que calquera persoa que poida achegar algún dato sobre esta subtracción de material inmobiliario do municipio coa intención de localizar ás persoas autoras deste delito perpetrado na parroquia de San Salvador. O prezo do metro cadrado desta herba artificial móvese entre os 7 e os 14 euros.
O número de teléfono de contacto da Policía Local de Poio é o 689.575.495.