Feijóo: "No vengo aquí a insultar a Pedro Sánchez, vengo a ganar a Pedro Sánchez"
Por Oskar Viéitez
Alberto Núñez Feijóo anunciou este mércores que presentará a súa candidatura para presidir o Partido Popular a nivel estatal, a partir do congreso extraordinario que celebrará en Sevilla os días 1 e 2 de abril.
O presidente da Xunta formalizou este paso na Xunta Directiva Nacional do PP de Galicia reunida con esta única intención no pavillón Fontes do Sar de Santiago de Compostela.
Entre berros de "presidente, presidente" Feijóo pronunciou un longo discurso que comezou cun repaso á súa vida política ata pedir a autorización ao seu partido para presentarse como candidato a liderar o PP.
"Me siento preparado, creo que puedo, junto a un partido unido, conseguir el objetivo que tenemos", arrancou,"pido vuestra autorización para presentar mi candidatura a la presidencia del Partido Popular", dixo Feijóo. Nese momento todos os presentes puxéronse en pé e ovacionaron ao presidente galego, "no es necesario someterlo a votación y entiendo que es un sí", chanceou.
"Tenemos que dar un paso al frente para darle a este país el Gobierno que merece y que necesita. Hoy me siento en la obligación institucional y moral de ponerme a disposición de mi partido y mi país de ponerme al frente del Gobierno sereno, sólido y solvente que necesita España", afirmou.
"No vengo aquí a insultar a Pedro Sánchez, vengo a ganar a Pedro Sánchez y creo que es posible ganarle", foi outra das súas frases máis aplaudidas.
Confirmada a súa candidatura, Feijóo fixo do resto do seu discurso o inicio da súa campaña, envorcándose en insuflar ánimo aos seus "si hay algo de lo que no he dudado es que el PP tiene un gran futuro por delante. Remontaremos, nos recuperaremos y seremos el PP en el que España confió y por el que España está esperando", asegurou.
E sobre se mesmo apuntou que "sé lo que significa gobernar". "No soy un político de manual. No creo en los laboratorios políticos. No soy un político con un par de tuits y una tertulia al día que cree que ya cumplió su jornada laboral. No soy un político que empiece y acabe en un eslogan, con independencia de su contenido".
Tamén tivo palabras para criticar ao "peor Gobierno de España de la historia reciente" que, segundo dixo"está debilitando la gobernabilidad y la imagen interna de España" nun país que "está en situación límite".
Por último, Feijóo prometeu aos seus que "ocurra lo que ocurra seguiré siendo el mismo servidor publico" e destacou que en canto saíse do acto poñeríase "a preparar el Consello de la Xunta que vamos a celebrar mañana".
Relacionadas:
-
Apoio unánime do PP pontevedrés a Núñez Feijóo para liderar o partido en Madrid
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Pontevedra, provincia galega con máis delegados no Congreso Nacional do PP
Por Redacción |
-
Lores xa 'despide' a Núñez Feijóo: "Estaba esgotado e cun goberno esvaído. Non é certo que sexa un bo xestor"
Por Alejandro Espiño |
-
Núñez Feijóo compromete "máis e mellores servizos" para Pontevedra no aniversario do Foro Empresa
Por Redacción |
-
Feijóo reclama desde Pontevedra "cambios" no PP para abrir unha "nova etapa" e poñer fin ao seu "colapso"
Por Alejandro Espiño |