Organizan cinco sesións públicas para presentar as conclusións das mesas de traballo do Laboratorio da Infancia
Por Redacción
A Concellería de Educación iniciará una serie de Mesas de Traballo ou Lab's para orientar e fomentar a participación pública no "deseño da cidade do futuro para a infancia".
Deste xeito, durante os meses de marzo e abril a Casa das Campás acollerá cinco sesións públicas en horario de 19:00 a 20:30 horas que pretenden "que os seus membros expoñan as conclusións das Mesas de Traballo coa participación da cidadanía", subliñou o tenente de alcalde e concelleiro de Educación, Tino Fernández.
As mesas estarán compostas por grupos de profesionais expertos nas diversas áreas, que desde o pasado mes de novembro estiveron mantendo reunións no Pazo da Cultura para realizar o diagnóstico da situación, polo que "os asistentes poderán facer suxestións, comentarios ou achegas que poderán ser engadidas no deseño da estratexia final", avanzou o socialista.
As datas elixidas para celebrar estes foros de traballo, que contan con financiamento nun 80% polo Fondo Europeo Feder a través da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (Edusi), son: 17 de marzo, Lab Sociedade; 24 de marzo, Lab Espazo Público; 31 de marzo, Lab Cultura; 4 de abril, Lab Medio Ambiente e, por último, 7 de abril, Lab Vida Saudable.
En paralelo a estas actividades están realizando talleres nos centros educativos de Pontevedra para coñecer de primeira man as opinións dos alumnos de 8 a 12 anos sobre a cidade en relación a tódolos aspectos abordados nas Mesas de Traballo.
Os vindeiros obradoiros comezarán o 3 de marzo no CEIP Santo André de Xeve (Cultura) e seguirán no CEIP Marcos da Portela en Monte Porreiro o 4 de marzo (Vida Saudable); no CEIP Ponte Sampaio o 10 de marzo (Medio Ambiente) e, finalmente, no CEIP Marcos da Portela o 11 de marzo (Medio Ambiente). Todos serán a partir das 9:00 horas.
Relacionadas:
-
O Laboratorio da Infancia xa desenvolveu máis dun centenar de obradoiros e actividades
Por Redacción |
-
O colexio de Barcelos estreará a rolda de obradoiros do Laboratorio da Infancia
Por Redacción |
-
LAB Cultura bota a andar para mellorar a relación entre a infancia e a cultura na cidade
Por Redacción |
-
O Laboratorio da Infancia programa actividades saudables para escolares
Por Redacción |