O colexio de Barcelos estreará a rolda de obradoiros do Laboratorio da Infancia
Por Redacción
O programa Laboratorio da Infancia iniciará este martes unha rolda de talleres en diversos centros educativos de Pontevedra.
Trátase dunha iniciativa impulsada pola Concellería de Educación con financiamento nun 80% polo Fondo Europeo Feder a través da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (Edusi),
O obxectivo é coñecer de primeira man as opinións dos nenos sobre a cidade en relación a tódolos aspectos abordados nas distintas Mesas de Traballo cos adultos: Lab Sociedade, Lab Espazo Público, Lab Cultura, Lab Medio Ambiente e Lab Vida Saudable.
En concreto, os obradoiros co alumnado terán lugar nos seguintes colexios e datas: CEIP Barcelos: 15/02 (Espazo Público), CEIP A Xunqueira I: 16/02 (Cultura), CEIP Santo André de Xeve: 17/02 (Espazo Público), CEIP Barcelos: 22/02 (Vida Saudable), CEIP A Xunqueira I: 23/02 (Sociedade), CEIP Ponte Sampaio: 24/02 (Sociedade),CEIP Santo André de Xeve: 3/03 (Cultura), CEIP Marcos da Portela 4/03 (Vida Saudable), CEIP Ponte Sampaio: 10/03 (Medio Ambiente) CEIP Marcos da Portela: 11/03 (Medio Ambiente).
Estes encontros darán paso a 5 foros que se desenvolverán durante os meses de marzo e abril na Casa das Campás para realizar as presentacións públicas das conclusións de cada un dos Lab, nas seguintes datas: 17 de marzo, Lab Sociedade; 24 de marzo, Lab Espazo Público; 31 de marzo, Lab Cultura; 4 de abril, Lab Medio Ambiente e 7 de abril, Lab Vida Saudable.
Tal e como explica o tenente de alcalde e concelleiro de Educación e Deportes, Tino Fernández, "desde o pasado mes de novembro, estes grupos de profesionais mantiveron reunións no Pazo da Cultura para realizar o diagnóstico da situación do concello de Pontevedra e a súa infancia, e nestes momentos atópanse definindo os obxectivos e as liñas de actuacións das distintas Mesas de Traballo, coa finalidade de elaborar unha estratexia dirixida á poboación infantil".
"Esta proposta parte do potencial educador da cidade e pretende construírse de xeito colaborativo, polo que, ao longo do vindeiro mes, abrirase ao público xeral a través de foros abertos nos que os membros dos Lab exporán as conclusións das Mesas de Traballo e buscarán a participación do público. Deste xeito, os asistentes poderán facer suxestións, comentarios ou achegas que poderán ser engadidas no deseño da estratexia final", indica o edil do PSOE.
Relacionadas:
-
O Laboratorio da Infancia xa desenvolveu máis dun centenar de obradoiros e actividades
Por Redacción |
-
Organizan cinco sesións públicas para presentar as conclusións das mesas de traballo do Laboratorio da Infancia
Por Redacción |
-
LAB Cultura bota a andar para mellorar a relación entre a infancia e a cultura na cidade
Por Redacción |
-
O Laboratorio da Infancia programa actividades saudables para escolares
Por Redacción |
-
Pistoletazo de saída para o 'Laboratorio da Infancia'
Por Redacción |