O novo paseo a Marín estará aberto "oficialmente" á cidadanía a partir da fin de semana
Por Oskar Viéitez
Pasado máis dun ano dende que remataron as obras, o Servizo Provincial de Costas anuncia que o primeiro tramo do paseo a Marín permanecerá aberto á veciñanza desde esta fin de semana.
Desde este Servizo xa se deu a orde á empresa adxudicataria de retirar de maneira inmediata os peches temporais que mantiñan o novo espazo valado.
Este primeiro tramo ten unha lonxitude aproximada de 1,3 quilómetros
Os Presupostos Xerais do Estado de 2022 reservan unha partida de 1,7 millóns para a execución do segundo tramo do proxecto, que consistirá na construción dunha estrutura sobre o mar de 783 metros entre as inmediacións de ENCE e a pasarela de madeira xa existente nos Praceres.
Relacionadas:
-
O Concello urxe ao Goberno a completar o paseo a Marín tras a "boa acollida" do seu primeiro treito
Por Alejandro Espiño |
-
Os pontevedreses gozan, por fin, do primeiro tramo do paseo a Marín
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Pilar Rojo denuncia que o Goberno central "volve a dar largas" sobre o paseo a Marín
Por Redacción |