Os pontevedreses gozan, por fin, do primeiro tramo do paseo a Marín
Foron meses de espera, pero chegou ao seu fin e os pontevedreses xa poden, desde este sábado 26 de febreiro, gozar do primeiro tramo do paseo a Marín.
Os traballos de construción deste primeiro espazo, de case 1,3 quilómetros de lonxitude, levan tempo acabadas, pero un problema burocrático impedía a súa posta ao dispor da cidadanía.
En concreto facíase necesaria a conclusión do paseo, cunha segunda fase aínda sen iniciar, un aspecto que finalmente se puido arranxar.
Moitos foron os que aproveitaron a circunstancia e a boa climatoloxía para explorar desde primeira hora esta nova senda peonil e ciclista no seu primeiro día dispoñible, aínda que falte aínda ese tramo final que conecte o paseo coa pasarela de madeira xa existente nos Praceres para facer accesible o paso completo ata o municipio veciño de Marín.
Para esta segunda parte da infraestrutura cabe lembrar que está reservada unha partida de 1,7 millóns de euros nos Orzamentos Xerais do Estado de 2022 para levar a cabo a súa execución.
Apertura da primeira fase do paseo marítimo de Pontevedra a Marín
A senda peonil con carril bici de case 1,3 quilómetros está ao fin dispoñible para todos os pontevedreses meses despois da súa finalización solucionado o lío burocrático que impedía a súa apertura
© Cristina Saiz