A estabilidade económica dos últimos exercicios permite ao Concello de Portas abandonar o plan de axuste
Por Redacción
O Ministerio de Facenda acaba de confirmar oficialmente que o Concello de Portas abandona xa o Plan de Axuste Económico ao que fora obrigado a someterse no ano 2012 para poder atender ao Plan de Pagos a Provedores que, daquela, ascendía a 591.361,71 euros e que motivou a subscrición dun crédito ICO a través do Banco Santander.
A decisión adoptada polo goberno que preside Ricardo Martínez de cancelar este préstamo, do que quedaban pendentes 110.884,45 euros e os sucesivos peches positivos dos exercizos económicos, permitiu ao Concello de Portas saír xa do Plan de Axuste Económico ao que o tiña sometido o Ministerio de Facenda.
Para o alcalde Ricardo Martínez, “é unha moi boa noticia e vén a confirmar a solvencia e a estabilidade orzamentaria do Concello de Portas conseguida a través dunha xestión de contención eficaz no gasto e pechando exercizos con superávit, tal e como se desprende das liquidacións das contas anuais que levamos presentando. Fixemos un esforzo importante sen deixar de prestar dun xeito eficaz e eficiente os servizos municipais e atendendo en todo momento as necesidades da veciñanza. Fomos quen de facer máis con menos optimizando ao máximo os servizos, reducindo gastos, aplicando un modelo moi racional e pegado á realidade da xente sen descoidar en ningún momento as esixencias do día a día na e xestión municipal”.
Finalmente, o alcalde Ricardo Martíñez sinalou que “este Plan, que agora forma parte xa do pasado, limitaba ao Concello de Portas en moitos aspectos económicos e impedía, por exemplo, que pudéramos acudir á contratación para cubrir incluso vacantes do persoal producidas polos distintos procesos de xubilación que se foron sucedendo dificultando moitísimo o normal desenrolo de varios departamentos e servizos municipais”