Portas destina 80.000 euros da Xunta a mellorar as súas instalacións públicas
Por Redacción
Unha serie de axudas da Xunta de Galicia permitiron ao Concello de Portas destinar más de 80.000 euros a mellorar as instalacións públicas do municipio.
O vicepresidente galego en funcións, Alfonso Rueda, realizou este luns unha visita ao concello de Portas, onde puido comprobar, xunto co alcalde Víctor Estévez, as actuacións que se levaron a cabo grazas a estas subvencións.
Así, Rueda supervisou as actuacións levadas a cabo para o reforzo do muro de contención no campo de fútbol da Rapeira, que sufriu importantes estragos polos temporais.
Esta obra, xunto coas melloras executadas na Casa da Cultura, contaron cunha subvención de preto de 30.000 euros euros procedente da orde destinada á mellora de infraestruturas e equipamentos nos concellos de Galicia, financiada grazas ao superávit de responsabilidade.
Dentro das actuacións que contaron con axudas autonómicas no Concello de Portas, destaca tamén o proxecto de mellora dos sumidoiros no Cruceiro (Briallos), que contou cunha subvención de 29.400 euros procedente do Fondo de Cooperación Ambiental
Tamén se financiaron con estas axudas as obras executadas na estación de captación de auga municipal, cun investimento da Xunta de 24.000 euros a cargo da orde de infraestruturas de uso público.