Loito, minutos de silencio e bandeiras a medio mastro en homenaxe ás vítimas do "Villa de Pitanxo"
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Xunta de Galicia decretou tres días de loito oficial polo naufraxio do arrastreiro marinense "Villa de Pitanxo" en augas de Terranova no que perderon a vida dez mariñeiros e once permanencen desaparecidos. A homenaxe do resto de institucións tampouco se fixo esperar con minutos de silencio e bandeiras a medio mastro.
Seguindo as pasos do executivo autonómico, a Deputación de Pontevedra fixo público un comunicado a través do que se suma ao loito oficial polo afundimento do barco. A propia presidenta Carmela Silva trasladou as condolencias aos alcaldes e alcadesas das vilas nas que residían as vítimas desta traxedia e desde este mércores as bandeiras do Pazo Provincial, do Edificio Administrativo e da sede de Vigo locen a medio mastro.
Ademais no acto no que participaba esta mañá a mandataria socialista na sede do Consorcio Zona Franca de Vigo gardouse tamén un minuto de silencio en sinal de recordo ás vítimas.
Do mesmo xeito, integrantes da corporación municipal do Concello de Pontevedra e numerosos funcionarios participaron tamén esta mañá no minuto de silencio que tivo lugar ás 11 horas deste mércores ás portas da casa do concello pontevedrés "como mostra do pesar compartido e a nosa solidariedade", explican desde o goberno local.
Outro minuto de silencio gardouse ás portas do edificio administrativo da Xunta en Pontevedra, no que participou o delegado territorial, Luís López, acompañado por unha ampla representación de funcionarios e altos cargos do executivo autonómico.
Desde Pontevedra, ás portas da Escola de Forestais, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, quixo trasladar "o cariño, o apoio e a solidariedade ás familias da tripulación do Villa de Pitanxo. É importante que hoxe saiban que toda Galiza está con elas”. A nacionalista traslada a familiares e autoridades a total disposición do Bloque para axudar e colaborar en todo o que sexa necesario. “Hoxe todos e todas estamos consternadas; esta é unha xornada tráxica e de loito; hoxe é un día moi triste para Galiza”, lamenta.
En sinal de "afecto e agarimo para as familias dos mariñeiros do barco de Marín "Villa de Pitanxo", o Partido Popular de Pontevedra suspende a súa axenda atendendo ao loito oficial decretado pola Xunta. Deste xeito quedan suspendidos todos os actos que tiñan programados, incluída a recollida de firmas en contra do peche de Raíña Vitoria. Do mesmo xeito, a portavoz do BNG de Marín, Lucía Santos, traslada tamén a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas.
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, quixo tamén trasladar a súa solidariedade e agarimo no seu propio nome e de todos os socialistas galegos ás vítimas e aos seus familiares. O líder dos socialistas galegos estivo este mércores en Vigo para participar nun encontro coa cooperativa de armadores Arvi, onde o dirixente socialista declarou que "estamos agardando que se esclareza o antes posible a situación de todos os desaparecidos".
O Concello de Bueu, no que residía un dos mariñeiros do "Villa de Pitanxo", solidarízase tamén coas vítimas da traxedia. Desde este mércores as bandeiras da casa do concello e do estaleiro da Banda do Río ondean a medio mastro.
Os concellos da ría convocaron tamén esta mañá diversos actos en recordo ás vítimas. No de Bueu, no que residía un dos mariñeiros do "Villa de Pitanxo", solidarízase tamén coas vítimas da traxedia. Desde este mércores as bandeiras da casa do concello e do estaleiro da Banda do Río ondean a medio mastro. No de Poio, representantes da corporación municipal gardaron un minuto de silencio. En Sanxenxo, en Vilagarcía e en moitos outros edificios das comarcas do Salnés, Arousa, Pontevedra e O Morrazo sucedéronse estas mostras de agarimo cara ás vítimas.
Ademais, en Marín, o epicentro da traxedia, as bandeiras ondean tamén a medio mastro e pola contorna da empresa armadora, o Concello e a sede da Autoridade Portuaria seguen concentrándose familiares e achegados das vítimas, así como medios de comunicación de todo o país para coñecer a última hora do naufraxio.
Relacionadas:
-
Un erro no reconto rebaixa a nove os falecidos "oficiais" do Villa de Pitanxo
Por Alejandro Espiño |
-
Todo apunta ás "malas condicións" do mar como causa do naufraxio do Villa de Pitanxo
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O terceiro sobrevivente do naufraxio é de Ghana e reside en Marín
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A longa espera das familias: "Falei con el ás seis da tarde, díxome que me ía a chamar á unha e xa non se puido"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Os sobreviventes do Villa de Pitanxo, "en proceso de descanso e aínda en shock"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Rescatan sen vida tres mariñeiros máis do barco de Marín que naufragou en Canadá
Por Alejandro Espiño |
-
Marín, unha vila mariñeira sumida na "tristeza máis absoluta"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |