Aprobado o proxecto de reforma da estrada PO-504 entre Sanxenxo e Vilalonga
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do proxecto construtivo de mellora da seguridade viaria na estrada de titularidade autonómica PO-504 entre Sanxenxo e Vilalonga, que suporá un investimento da Xunta de 970.000 euros.
Trátase de reforzar a seguridade viaria ao longo de 2 quilómetros da vía autonómica PO-504 co fin de eliminar un treito de concentración de accidentes.
O DOG tamén publica este martes a resolución da aprobación definitiva do expediente de información pública deste proxecto.
A intervención deseñada polo departamento que dirixe Ethel Vázquez, prevé a renovación de cinco interseccións na PO-504, entre o lugar do Vinquiño e o inicio da parroquia de San Tomé de Gondar.
Entre as principais intervencións a executar inclúese a construción dunha glorieta na intersección co Camiño ao Santo, que ademais de ordenar os propios movementos das vías coas que entronca, permitirá o cambio de sentido dos vehículos.
Como resultado das achegas recibidas durante o proceso de información pública, acordouse eliminar a actuación proposta inicialmente dunha nova glorieta no punto quilométrico 2+270.
A actuación prevé a execución de novas beirarrúas nos treitos de mellora das interseccións, a adecuación da drenaxe existente ao novo deseño e a reposición dos servizos e sumidoiros afectados. Tamén se mellorarán as paradas de autobús e redeseñarase a sinalización horizontal e vertical de todo o treito.
Relacionadas:
-
Convocan os propietarios afectados polas obras na PO-504 entre Sanxenxo e Vilalonga
Por Redacción |
-
As novas beirarrúas na PO-504, entre Sanxenxo e Vilalonga, comezarán a construírse en setembro
Por Redacción |
-
818.000 euros para mellorar a seguridade nun tramo de concentración de accidentes entre Sanxenxo e Vilalonga
Por Redacción |
-
A Xunta destina 970.000 euros a mellorar a seguridade viaria da PO-504 entre Sanxenxo e Vilalonga
Por Redacción |
-
Vía libre ás expropiacións para mellorar a seguridade viaria da PO-504 entre Sanxenxo e Vilalonga
Por Redacción |
-
O persoal municipal de Sanxenxo reforzarase con 42 operarios e administrativos
Por Redacción |
-
Abren ao tráfico o novo enlace da autovía do Salnés coa PO-504 en Sanxenxo
Por Redacción |