O persoal municipal de Sanxenxo reforzarase con 42 operarios e administrativos
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo enviou á Deputación de Pontevedra a solicitude para contratar un total de 42 persoas, a través do Plan Concellos, tres máis que en 2021.
Así pois, ao amparo desta liña, poderase reforzar o persoal municipal nos ámbitos municipais de servizos administrativos, parques e xardíns, limpeza de praias e espazos públicos. Concretamente empregaranse a 39 peóns, cun contrato de 5 meses de duración e a 3 auxiliares administrativos, cun contrato de 6 meses de duración para Rendas, Urbanismo, Padrón e Catastro.
Dentro dos servizos administrativos, os traballadores realizarán, entre outras, tarefas de atención cidadá de carácter informativa de servizos, organismos e funcionamento do Concello, domiciliación de impostos, notificacións, trámites catastrais, certificados de empadroamento, modificación de datos, así como outras materias relacionadas coa xestión de arquivo de documentos.
O contrato dos 42 traballadores supoñerá un investimento total de 264.757 euros, 258.272 euros achegaraos a Deputación de Pontevedra e 6.485 euros con fondos municipais.
Os primeiros operarios de Servizos incorporaranse ao traballo para partir do 15 de marzo para a posta apunto do municipio para Semana Santa e os administrativos está previsto que o fagan a partir do mes de abril.
O plan de emprego incluído na liña 3 do Plan Concellos é unha medida que permite a contratación de persoas desempregadas do municipio, que non estean a recibir prestacións e poidan ter así unha oportunidade de adquirir experiencia laboral que facilite a súa futura inserción no mercado de traballo.
Relacionadas:
-
Sanxenxo pon en marcha un operativo de limpeza especial no seus principais núcleos
Por Redacción |
-
Aprobado o proxecto de reforma da estrada PO-504 entre Sanxenxo e Vilalonga
Por Redacción |
-
Un xestor privado encargarase das colonias felinas de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Os socorristas aumentarán o seu horario en Silgar durante os meses de xullo e agosto
Por Redacción |