Os Roteiros Saudables de Cerdedo-Cotobade rexistran preto de 20.000 descargas na internet
Por Redacción
O sistema de información a través de Códigos QR e as redes sociais que dan acceso aos Roteiros Sudables de Cerdedo-Cotobade confirman o interese nesta iniciativa, asegura o goberno local.
En total rexistráronse ao redor de 20.000 descargas a través do uso dos códigos QR situados nos taboleiros informativos dos once roteiros e que conectan coa web e as redes sociais do Concello.
En concreto a máis utilizada foi ata a data o roteiro dos Baños de San Xusto con 3.692 descargas, seguida de Carballedo (3.094), Almofrei (2.500), Borela (1.726), Tenorio (1.576), Quireza (1.476), Vilanova (1.463) e Cerdedo (1.072).
Mediante estas descargas os sendeiristas accederon a información tanto do carreiro como dos sistemas de sinalización e elementos etnográficos, arquitectónicos e históricos de interese a visitar.
A posta en marcha destes roteiros é un proxecto que busca incentivar a oferta turística familiar e natural no municipio. Trátase de percorridos circulares de entre 4 e 6 quilómetros cos que se pretende fomentar a práctica da actividade física.