Entrega de 175 composteiros domésticos en seis parroquias de Caldas
Por Redacción
Ao redor de 400 residentes nas parroquias de Arcos da Condesa, Carracedo, Bemil, San Andrés, San Clemente e Santa María no municipio de Caldas de Reis reciben durante estas xornadas un total de 175 composteiros domésticos dentro do proxecto financiado polo Plan PIMA Residuos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, que lidera a ministra Teresa Ribeira.
Ao longo de cinco xornadas formouse de maneira específica ás persoas receptoras para o seu uso. Estas charlas ofrecéronse en centros sociais ou en locais de comunidades de montes das parroquias. Tamén se entregaba un manual de compostaxe elaborada polo Departamento de Medio Ambiente do Concello de Caldas.
A partir da súa instalación, un equipo realizará visitas de seguimento aos domicilios para resolver dúbidas e comprobar se se logra un compost de calidade. Manuel González, concelleiro de Medio Ambiente, agradeceu a colaboración veciñal neste proxecto para levar adiante unha xestión de residuos máis sostible tanto desde o punto de vista ambiental como desde unha perspectiva social e económica.
En anteriores convocatorias entregáronse ao redor de cincuenta composteiros e tamén se atopan en funcionamento cuatrocentros de compostaxe comunitaria instalados no núcleo urbano. O Concello ten previsto iniciar unha nova campaña de repartición de composteiros nas parroquias de Godos, Saiar e Santo Tomé.
Relacionadas:
-
Caldas trata de dar un impulso á compostaxe a través de charlas informativas
Por Redacción |
-
Os clubs, a hostalería e o comercio de Caldas implícanse na programación de actividades deportivas e de lecer
Por Redacción |
-
50 vivendas de Caldas de Reis incorpóranse ao programa de compostaxe doméstica de Sogama
Por Redacción |
-
As actividades do Revitaliza durante o verán achegaron a compostaxe a preto de 1.400 nenos
Por Redacción |