A veciñanza da parroquia de Parada quere ser unha "aldea modelo"
Por Redacción
A Xunta e o Concello de Cerdedo-Cotobade colaboran para facer posible a declaración do núcleo de Mouteira-Parada, na parroquia de Parada, como "aldea modelo", conforme ao establecido na lei de recuperación da terra agraria de Galicia.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantivo este martes unha reunión de traballo co alcalde deste municipio, Jorge Cubela para impulsar esta iniciativa.
En concreto, os representantes municipais achegaron as sinaturas dos veciños interesados en promover esta aldea modelo, que tería unha superficie, no seu perímetro, de 20,5 hectáreas. O número de parcelas aproximado é de 459 e os titulares catastrais sitúanse arredor dos 115.
A intención da Consellería do Medio Rural é aprobar o antes posible esta declaración, co fin de que o núcleo en cuestión se poida beneficiar das axudas aos concellos, que está previsto convocar en breve mediante a súa publicación no DOG, para financiar a realización de melloras dos servizos á poboación rural nestas aldeas.
A dotación global destas subvencións será de algo máis dun millón de euros. Entre as actuacións que serán obxecto de apoio figuran a instalación, ampliación ou mellora das redes de alumeado público; a construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de espazos públicos, como prazas, paseos, rúas ou parques infantís e a pavimentación de vías públicas municipais.
Tamén se contempla a rehabilitación de elementos patrimoniais tales como fontes, lavadoiros, muíños ou hórreos; a implantación e mellora de servizos asistenciais para a infancia ou os maiores; a dotación ou mellora de servizos culturais ou a dixitalización de núcleos rurais, entre outras accións.
Relacionadas:
-
O DOG publica a declaración de utilidade pública da aldea modelo de Mouteira-Parada
Por Redacción |
-
Plantan 3.050 árbores en terreos arrasados polo lume en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Mouteira-Parada, único núcleo da provincia incluído na listaxe da Xunta de "aldeas modelo"
Por Manu Otero |
-
Proxectan unha aldea modelo en Parada que reactive o traballo agrogandeiro e evite lumes forestais
Por Redacción |