Galicia prorroga a prohibición de reunión de madrugada entre non conviventes pero limítaa a xoves, venres e sábado
Por Redacción
A Xunta de Galicia decidiu prolongar polo menos dúas semanas máis as medidas actuais para tentar frear o avance da sexta onda da pandemia.
Así o acordou o subcomité clínico que asesora ao goberno autonómico nunha reunión celebrada este mércores.
Entre esas medidas atópase a prohibición de reunión entre non conviventes, tanto en espazos públicos como privados, entre as 3.00 e as 6.00 horas da madrugada, aínda que limita esta norma aos xoves, venres e sábados.
Manteranse as limitacións na hostalería con máximo de oito persoas por mesa nos seus espazos interiores e dez nas terrazas, tendo que pechar ás 00:00 horas, salvo as fins de semana que poderán permanecer abertos durante unha hora máis.
A exhibición do pasaporte covid seguirá sendo obrigatorio nestes establecementos, así como no lecer nocturno (que poderá abrir ata as 03:00 horas), en hospitais, espectáculos culturais, ximnasios e centros deportivos ou albergues turísticos.
Estas medidas estarán en vigor a partir do próximo 18 de xaneiro, data autorizada para as restricións actuais polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá pronunciarse de novo sobre os novos plans da Xunta.
Ademais en relación ao proceso de vacinación, o subcomité mostrou a súa preocupación ante a incerteza de reducir de 6 a 3 meses o período de tempo que debe pasar desde a administración da segunda dose para poder administrar a de reforzo.
Por último a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade avanzou ao subcomité a súa intención de elaborar un protocolo para a próxima celebración do entroido, ao tratarse dunhas datas nas que é habitual que se produzan aglomeracións.
Relacionadas:
-
O lecer nocturno pontevedrés únese nunha plataforma para defenderse dunha "persecución" cara ao seu sector
Por Manu Otero |
-
Os bares fártanse de pechar á unha e media da madrugada e esixen recuperar o horario que marca a súa licenza
Por Manu Otero |
-
O 'pasaporte covid' seguirá vixente en Galicia, polo menos, ata o 12 de febreiro
Por Redacción |
-
Sorprenden vinte personas de madrugada nun baixo da rúa San Nicolás
Por Alejandro Espiño |
-
O TSXG autoriza á Xunta a prorrogar a prohibición de reunións entre as 3.00 e as 6.00 durante as fins de semana
Por Redacción |
-
Unha muller de 86 años, falecida no Salnés, eleva a 236 as vítimas mortais da pandemia
Por Redacción |
-
Todos os maiores de 18 anos recibirán a dose de reforzo da vacina contra a covid-19
Por Redacción |
-
O TSXG permite á Xunta que prohiba as reunións de non conviventes entre as 03.00 e as 06.00 horas
Por Anxo Lourido |
-
Galicia amplía a domicilios o 'toque de non queda' en Fin de Ano
Por Alejandro Espiño |