Todos os maiores de 18 anos recibirán a dose de reforzo da vacina contra a covid-19

Por Redacción
Tras inxectar a terceira dose da vacina contra a covid-19 aos maiores de 40 anos, o Goberno autorizou que esta picada de reforzo se amplíe, ao longo das próximas semanas, a todos os maiores de 18 anos.
Así o anunciou este xoves a ministra de Sanidade, Carolina Darias, tras a reunión da Comisión de Saúde Pública que actualizou a estratexia de vacinación.
Isto prodúcese despois de que se reducise o intervalo para as doses de recordo desde a vacinación completa, que pasa de seis a cinco meses de marxe.
Galicia xa anunciou que convocará aos galegos de 30 a 39 anos a partir do próximo mércores, priorizando a persoas con condicións de risco e aquelas que hai máis tempo que recibiron a vacinación contra o coronavirus.
Ademais, tamén se administrará dose de recordo a persoas que realizan viaxes internacionais por motivos de estudos ou laborais nos que se require a administración de dose de recordo, sempre que se xustifique a súa necesidade.
Darias sinalou que, a pesar diso, a prioridade para o Goberno é vacinar ás persoas maiores de 12 anos que aínda non se vacinaron ou non completaron a pauta completa, así como a terceira dose nos grupos de poboación previamente recomendados.
Relacionadas:
-
As citacións de repesca para vacinarse coa terceira dose, a partir do mércores 2 de febreiro
Por Diego Espiño |
-
A área sanitaria de Pontevedra volve a sumar máis dun milleiro de infectados nun día
Por Alejandro Espiño |
-
Nova vítima mortal da pandemia en Pontevedra, un home de 84 anos
Por Alejandro Espiño |
-
Nas últimas 24 horas confirmáronse 1.046 novos casos de coronavirus
Por Oskar Viéitez |
-
Fexdega volve ser o centro de vacinación para a poboación arousá a partir deste sábado
Por Redacción |
-
Galicia prorroga a prohibición das reunións de madrugada pero limítaa a xoves, venres e sábado
Por Redacción |
-
Satisfacción polo nivel "moi bo" que alcanzou en Galicia a vacinación infantil
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |