Os traballos de ensanche no camiño Mourigán-Costa, en Romai, seguen o seu curso
Por Redacción
Os traballos de ensanche e mellora do camiño Mourigán-Costa, na parroquia de Romai, seguen o seu curso. A actuación permitirá unha mellor accesibilidade de vehículos de maior porte e de emerxencias ao tempo que facilitará a vertebración viaria interior do municipio para o tráfico ordinario e doméstico.
Concretamente, a obra consiste no ensanche do camiño actual cun desbroce previo do terreo, a demolición de fábrica de mampostería executada en seco, a eliminación dun muro de formigón armado de ata 30 centímetros de espesor con medios mecánicos, excavación e acopio de material seleccionado e a apertura de caixa para a posterior construción do firme. Ademais, as obras contemplan a colocación de pedra granítica en muros, e o tratamento bituminoso da calzada e do firme.
O alcalde Ricardo Martínez, durante a súa visita á zona, explicou que "esta mellora permitirá que os veciños que residen nesta zona poidan acceder ás súas vivendas nos seus vehículos con maior seguridade e tranquilidade".
O Concello de Portas destina a esta obra uns 30.000 euros procedentes do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Máis de 600.000 euros de investimento para mellorar a seguridade viaria entre Portas e Romai
Por Redacción |
-
Os traballos de mellora da ETAP de Romai, Portas e Lantaño entran na súa recta final
Por Redacción |
-
O Diario Oficial de Galicia publica a aprobación do primeiro PXOM de Portas
Por Redacción |