Renovado o convenio para as emerxencias da provincia sen aplicar as melloras propostas pola Xunta
Por Redacción
Como xa estaba previsto, os representantes das deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo descartaron este venres a proposta da Xunta de Galicia de aplicar melloras á cobertura das emerxencias.
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, mantiña un encontro con representantes destas tres institucións provinciais e da FEGAMP, que optaban por renovar por un ano o actual convenio de colaboración coa Xunta en materia de emerxencias e prevención e defensa contraincendios forestais para o desenvolvemento dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES).
O goberno galego quería incluír melloras para fortalecer a cobertura das emerxencias e as condicións dos integrantes dos GES, segundo expoñen. A pretensión da Xunta era aplicar a todas as provincias un incremento do persoal para que os concellos subsede de GES ampliasen o seu persoal ata os doce efectivos, se así o desexaban; equiparar ao resto de GES o custo dos catro servizos municipais de emerxencias da comunidade, entre os que se atopa Sanxenxo; e actualizar o custo salarial dos grupos e crear un subGES con seis efectivos no Grove, unha decisión que agora xa non se poñerá en marcha, segundo anuncia o executivo autonómico.
Desde a Xunta indican que a atención ás emerxencias é unha competencia de carácter local, que corresponde aos municipios de máis de 20.000 habitantes e ás deputacións provinciais nos concellos de menor poboación. Segundo sinalan, o goberno galego asume máis da metade do custo anual destes grupos e investiu nos últimos anos máis de 40 millóns de euros no seu mantemento e outros sete millóns para dotalos do equipamento necesario para acometer as súas intervencións con seguridade.
No último pleno da Deputación debatíase este tema ao presentar unha moción o Partido Popular, que foi rexeitada polo PSOE e BNG. O deputado responsable da área, Carlos López Font, manifestaba que se negaban a aceptar a proposta da Xunta porque se trata dunha "imposición" e que o executivo galego se nega a asumir o 60% do orzamento dos GES.
Relacionadas:
-
O PP presenta alegacións ao orzamento da Deputación para aumentar a financiación do convenio dos GES coa Xunta
Por Oskar Viéitez |
-
As Deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo responden á Xunta e piden diálogo sobre o futuro dos GES
Por Redacción |
-
O ciclo integral da auga da Xunta impide o apoio unánime ao Plan Concellos no pleno provincial
Por Redacción |
-
O persoal para o novo GES de Moraña examinarase o 14 de decembro
Por Redacción |
-
O GES do Grove, motivo de discordia entre a Deputación e a Xunta
Por Redacción |
-
O PP reclama á Deputación que incremente os cartos destinados aos GES
Por Oskar Viéitez |
-
Críticas do PP á negativa de ampliar os GES da provincia
Por Redacción |