O PP presenta alegacións ao orzamento da Deputación para aumentar a financiación do convenio dos GES coa Xunta
Por Oskar Viéitez
O grupo provincial do Partido Popular presentou alegacións ao orzamento da Deputación de Pontevedra para que inclúa a partida necesaria para renovar e mellorar o convenio dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) para o período 2022-2024 entre Xunta e deputacións.
Segundo sinala o PP, estas melloras inclúen aumento a 12 efectivos en todos os GES; duplicar a financiación dos servizos municipais de emerxencias que prestan un servizo supramunicipal, que na provincia son Ponteareas e Sanxenxo; crear un subGES con seis efectivos no Grove; e actualizar os salarios de todos os traballadores dos GES para adaptalos aos custes reais na actualidade.
O voceiro do PP, Jorge Cubela subliña que "entendo que non hai dúbidas de que é importante mellorar as emerxencias da provincia porque, ademais, así o están reclamando os concellos. Tampouco hai dúbidas de que é unha competencia das deputacións provinciais. Polo tanto, si queremos reforzar as emerxencias e a Deputación é quen ten a obriga, o Goberno provincial debe reservar no orzamento o crédito necesario para facelo".
Así, e a pesar de que PSOE e BNG rexeitaron na Deputación de Pontevedra unha moción do PP no que reclamaban expresamente que asinasen ese convenio para mellorar as emerxencias coa Xunta, os populares insisten a través desta emenda.
Relacionadas:
-
O orzamento da Deputación supera un novo trámite tras un pleno de reproches entre goberno e oposición
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Renovado o convenio para as emerxencias da provincia sen aplicar as melloras propostas pola Xunta
Por Redacción |
-
O PP reclama á Deputación que incremente os cartos destinados aos GES
Por Oskar Viéitez |
-
Críticas do PP á negativa de ampliar os GES da provincia
Por Redacción |