O espectáculo "no sólo en el campo" do Barcelona-Madrid e as campañas do Atleti, a debate no campus
Por Redacción
"Os pido un favor. Hoy no vamos a hablar de fichajes ni de si tengo o no entradas para el partido contra el Celta". Con esa broma comezaba este luns a conferencia de Ramón Pujol, o director de Relacions Institucionais e Protocolo do FC Barcelona. Acudía á Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra para participar nas VII Xornadas de Comunicación e Deporte: A importancia da comunicación interna nas entidades deportivas.
O protocolo e a relación comunicativa coas personalidades VIP centrou un relatorio cargado de anécdotas persoais e curiosidades sobre o club catalán. Ramón Pujol aproveitou para confesar que el é, "aunque os pueda parecer increíble", íntimo amigo do seu homólogo no Real Madrid e que "no comparto la idea de tener que ser socio de un determinado club para trabajar por y para él, por lo que deduciréis que lo que sí defiendo es el trabajo de un profesional del protocolo que no atiende a ideologías ni a colores".
Dende o seu punto de vista, os partidos de fútbol son como "actos litúrgicos" e "fábricas de sueños" nos que a comunicación, o protocolo e o marketing xogan un papel moi importante. No tocante ao protocolo, o director de Relacións Institucionais e Protocolo do FC Barcelona explicou que o palco de autoridades "no es un espacio para los distintos cargos políticos, pero sí para los representantes institucionales y los directivos de las empresas que financian el equipo a través de los sponsors".
O club catalán bota man do Real Decreto de Precedencias para sentar a cada unha destas autoridades neste palco VIP dándolle preferencia ao seu presidente, Sandro Rosell, quen podería cederlle o seu lugar de honra, no caso de asistir a un partido no Camp Nou, o rei Don Juan Carlos; o príncipe de Asturias, Felipe de Borbón; ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy ou ao presidente da Generalitat de Catalunya. Con todo, Ramón Pujol salientou que non é moi habitual que estas autoridades asistan aos partidos do Barça, exceptuando a Artur Mas.
O equipo directivo do club visitante tamén ten un espazo de seu no palco de autoridades, así como as empresas e os familiares dos xogadores. Pero o asunto "escabroso" es buscarle un lugar neste espazo aos chamados famosos "y distinguir entre los que realmente entra o no en esta categoría", asegurou Ramón Pujol, quen recoñeceu que merca todas as semanas as revistas Hola! e Lecturas "para saber quien es quien".
AS CAMPAÿAS DO ATLETICO DE MADRID
O director xeral de Márketing, Imaxe e Relacións Institucionais do Atlético de Madrid, Emilio Gutiérrez, foi o encargado de pechar a primeira destas xornadas sobre comunicación e deporte, achegando ao alumnado do campus pontevedrés a importancia que teñen os socios e socias para un club á hora de xestionar a súa propia comunicación, tanto interna como externa.
Foi precisamente en 1999, co descenso a Segunda División do equipo, "la bajada al infierno", cando o club experimentou certa inestabilidade social, deportiva e económica co que, "optamos por una estrategia de marketing radical", explicó Gutiérrez. Unha campaña de xestos, unha nova política de prezos e a incremento da publicidade foi só o comezo xa que "en la temporada siguiente no subimos a Primera e hubo que tocar la fibra sensible de los aficionados".
Para lograr iso, o club presentou ante os medios o vídeo Papá, ¿por qué somos del Atleti? na tempada 2001-2002 coa que conseguiu incrementar o seu número de socios ata os 45.000. Logo da súa subida á máxima categoría, entre os anos 2002 e 2003, presentaron Ya estamos aquí e, con motivo do seu centenario Esa extraña conexión, un vídeo ambientado na Guerra Civil española e dirixido por José Eulogio Gárate "que pretendía posicionar ese sentimento de pertenza ao club", explica o experto en marketing e imaxe.
Na tempada 2004-2005, o equipo rendeulle unha homenaxe ao primeiro socio do Atlético de Madrid, Agustín de la Fuente, a través de Me da la vida, me mata. En 2012, con motivo do partido da final da UEFA Europa League o equipo lanzou Nuestra verdad es nuestra verdad e, máis recentemente El Atleti te hace más fuerte de fondo calado social co paro como protagonista.