O Revitaliza comeza o curso escolar coa participación de 700 alumnos en só dúas semanas
Por Redacción
O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra vén de iniciar oficialmente o seu curso 2021-2022 nos centros de ensino da provincia cun arranque multitudinario: en apenas dúas semanas serán preto de 700 rapazas e rapaces as que pasen polas actividades que se están a desenvolver grazas aos obradoiros divulgativos sobre compostaxe desenvolvidos polo CEIDA.
O persoal responsable das actividades está a recibir moitas solicitudes por parte de colexios e institutos, chegándose a cifras prepandemia. De feito, nestes primeiros días cubriuse a dispoñibilidade dos obradoiros e chegouse a doce centros de dez concellos en sete comarcas diferentes da provincia, entre eles o IES de Poio, CEIP San Martíño de Salcedo, Los Sauces en Pontevedra, o CEE de Vilagarcía ou o CEIP A Pedra en Bueu.
As actividades dispoñibles consisten fundamentalmente en propostas presenciais “atractivas” para o alumnado, mantendo a grandes liñas o proxecto educativo, pero incorporando novas actividades como ‘O Xiravai de Ecocol’, sobre como o compost axuda a coidar a terra; ‘Experiencias co PH do solo’, sobre a calidade do solo. Tamén se manteñen outros obradoiros como o xa coñecido ‘Xogo da miñoca’, ‘Quen vive aí?’, ‘Intrusos no composteiro’ ou ‘Microcompostaxe na aula’.
Ata o de agora pasaron polas actividades lúdicas do Revitaliza realizadas a través do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) milleiros de alumnas e alumnos (arredor de 35.000), que coñeceron a compostaxe e concienciáronse da necesidade de tratar os residuos de maneira ambientalmente sustentable.
A pesares do parón motivado pola suspensión de clases en marzo de 2020, o interese polo programa está claramente ‘in crescendo’, sendo solicitado incluso polos concellos para os seus obradoiros e campamentos de verán tanto no pasado ano como neste.
Relacionadas:
-
O composteiro de Ferreirós consolida su crecimiento no inicio do ano
Por Redacción |
-
Expertos nacionais analizarán en Pontevedra as vantaxes de retornar os biorresiduos municipais ao agro
Por Redacción |
-
Froebel de Pontevedra e Riomaior de Vilaboa, centros destacados polo súa implicación na compostaxe
Por Redacción |
-
Representantes do goberno de Israel interésanse pola fórmula de compostaxe do Revitaliza
Por Redacción |
-
A veciñanza de Bueu xa pode coller prestadas as biotrituradoras
Por Redacción |
-
O Plan Revitaliza dará un "salto adiante" cunha nova fase centrada na parte normativa deste modelo de xestión de residuos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
As actividades do Revitaliza durante o verán achegaron a compostaxe a preto de 1.400 nenos
Por Redacción |