Manuel Campos destaca a necesidade de relanzar o turismo termal co programa do IMSERSO
Por Redacción
O XIV Encontro de Villas Termais se celebrou estes días na localidade extremeña de Baños de Montemayor cun notable éxito de participación e debate en torno ao presente e o futuro deste sector e o seu papel na dinamización do medio rural.
Manuel Campos Velay, alcalde de Cuntis e presidente de Vilas Termais, asegurou irse con moi bo sabor de boca despois deste encontro e reafirmou o seu compromiso coa defensa do programa do IMSERSO con independencia da cor política dos gobernos, porque “dependen moitas familias e negocios públicos e privados diso e o noso esforzo estará sempre en garantilo”.
O subdirector de Promoción Económica, Turismo e Crecemento da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Paulino Rodríguez Becedas evidenciou que estamos ante unha magnífica oportunidade cos fondos que estarán proximamente dispoñibles e puxo o acento en participar nos plans de cohesión, traballando nesa liña e dando reiteradamente as grazas aos asistentes.
O alcalde de Baños de Montemayor, Óscar Mateos, manifestou a continuación a súa satisfacción por albergar despois de dous anos de espera o Encontro de Vilas Termais e encantado de facer sentir a todos os participantes coma se estivesen na casa e manifestou quedar con esa necesidade de formar aos nosos traballadores e preocuparnos por promocionar a nosa oferta, pero "sen esquecer a nosa vulnerabilidade polo feito de vivir en zonas rurais con moi pouca poboación que viven en gran medida deses establecementos termais, sobre os que a pandemia pasou factura".
O acto de clausura finalizou coa entrega dunha peza de cerámica castrexa elaborada no obradoiro da Fundación Terra Termarum Castrolandín por parte da sección de Villas Termales da FEMP ao Alcalde de Baños de Montemayor.
Relacionadas:
-
Impulsan un proxecto piloto destinado a modernizar destinos termais do que se beneficiaría Cuntis
Por Redacción |
-
Manuel Campos pretende establecer alianzas para impulsar o sector do termalismo
Por Redacción |
-
O alcalde de Cuntis emite un bando para reordenar o espazo público
Por Redacción |
-
A Deputación dá a coñecer o modelo turístico termal da provincia en Cáceres
Por Redacción |
-
Cuntis acolle a presentación do programa 'Verán termal' de estadías en balnearios de Galicia
Por Redacción |