O alcalde de Cuntis emite un bando para reordenar o espazo público
Por Redacción
O Concello de Cuntis comunica que, xa finalizada a tempada de verán, "non está permitido e deberá retirarse da vía pública todo aquel mobiliario ou elementos que a ocupen".
O alcalde, Manuel Campos, ven de emitir un bando sobre a "ocupación de terrazas ou colocación doutros elementos na vía pública, rúas, paseos, prazas ou calquera outra zona considerada de dominio público".
Se referere á ocupación indebida de rúas, prazas, paseos ou calquera outra zona considerada de dominio público, quedando permitido unicamente aquel mobiliario que se atope na zona delimitada por toldos ou veladores, debendo retirarse ou non colocarse por aqueles establecementos, tanto de hostalería como de calquera outra actividade, todo tipo de mobiliario ou elemento que se atope fose desta zona delimitada.
A partir de agora queda totalmente prohibida a colocación ou almacenamento de mobiliario ou elementos na vía pública fóra da zona delimitada para iso.
A colocación de terrazas e outros elementos tanto fixos como móbiles deberán ser autorizados polo Concello e colocados na zona autorizada.
Os incumplimentos a esta norma carrexarán a apertura do correspondente expediente sancionador.
Relacionadas:
-
A deputada Ángeles Marra traslada o apoio do goberno central ao Concello de Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis convoca unha xunta de portavoces para reclamar persoal para o seu centro de saúde
Por Redacción |
-
Manuel Campos destaca a necesidade de relanzar o turismo termal co programa do IMSERSO
Por Redacción |