A Deputación dá a coñecer o modelo turístico termal da provincia en Cáceres
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra deu a coñecer o seu modelo turístico termal no 'Encontro de Vilas Termais' en Baños de Montemayor, en Cáceres, no que se puxo de manifesto o enorme potencial termal da provincia como actividade sostible xeradora de emprego e desenvolvemento local.
No encontro, organizado pola FEMP, tamén se destacou a capacidade de atracción para o turismo que ten o termalismo.
A deputada Ana Laura Iglesias participou na mesa redonda 'Villas termales como motor de desarrollo contra la despoblación' xunto con Manuel José González Andrade, deputado de Turismo da Deputación de Badajoz; Miguel Pérez Grande, vogal asesor daa Dirección General de Políticas contra la Despoblación; e Carlos Yubero, presidente da Asociación Balnearios de Extremadura.
Ana Laura Iglesias falou das políticas implementadas pola Deputación de Pontevedra para que as vilas termais da provincia sexan destinos atractivos para o turismo 5.0, baseadas nas novas tecnoloxías e na sustentabilidade.
Ademais, detallou o ambicioso proceso de dixitalización no que está inmersa a institución, que permitirá mellorar a competitividade dos destinos como modelo de negocio e tamén convertelos en destinos mais sostibles, apostando polo impulso de ferramentas de xestión dixitais que permitan dende o control de consumos de enerxía e auga ata estudo de datos de clientes ou márketing en liña.
Tal e como destaca a Deputación, a execución do proxecto 'Tourist Inside' que contempla a dixitalización da rede de oficinas de Turismo 'Info Rías Baixas', onde están incluídas as oficinas das vilas termais adheridas, é un exemplo desta boa práctica.
Tamén destacou o traballo feito polo Deputación de Pontevedra nun momento no que o ecoturismo e o turismo saudable cobran máis auxe que nunca, pola súa aposta por orientar a promoción aos plans de familia, orientando as campañas e segmentando ao público ofrecendo novas opcións para o turismo familiar
Relacionadas:
-
Manuel Campos pretende establecer alianzas para impulsar o sector do termalismo
Por Redacción |
-
Manuel Campos destaca a necesidade de relanzar o turismo termal co programa do IMSERSO
Por Redacción |
-
Campos e Baltar manteñen un encontro para impulsar as vilas termais
Por Redacción |
-
Conta atrás para a apertura do complexo termal ao aire libre da Tafona, prevista para 2022
Por Redacción |
-
Caldas de Reis e a cidade lusa de Vizela seguen estreitando lazos de amizade
Por Redacción |