Confirmados 8 novos casos de covid nas últimas 24 horas
Por Oskar Viéitez
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notifica este domingo 18 de outubro, 33 pacientes con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Son cinco máis que onte sábado.
Nas últimas 24 horas confirmáronse oito novos casos nas probas diagnósticas de infección activa practicadas.
O número de pacientes hospitalizados é de 1 persoa atendida en planta o Hospital Montecelo. Queda un só paciente ingresado en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo. O resto dos que contraeron o virus, 31 casos, atópanse illados nos seus domicilios con sintomatoloxía breve ou asintomáticos.
Desde o inicio da pandemia 21.218 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19. Nas últimas 24 horas curáronse outras 3 persoas.
Durante a pandemia rexistráronse 205 falecementos asociados ao virus nesta área sanitaria.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 305.652, nas últimas 24 horas fixéronse 143. A estas probas súmanse as 145.333 probas de antígenos e outras 109.780 probas de detección realizadas ata a data.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 443 (8 menos que onte)
Do total de pacientes positivos, 8 están en UCI, 27 en unidades de hospitalización. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.685 persoas curadas, rexistrándose 2.646 falecementos.
Nas últimas 24 horas confirmáronse 25 novos casos en toda Galicia.