Demoler e tratar os residuos de formigón do Balneario suporá un gasto de 700.000 euros
Por Redacción
A iniciativa privada quedou paralizada con motivo da pandemia, pero o Concello de Ponte Caldelas traballa no proxecto de creación da Estación Termal, que optaría a axudas económicas procedentes de Fondos Europeos, segundo informan desde o goberno de Andrés Díaz.
Operarios municipais realizan durante os últimos días tarefas de limpeza na parcela, eliminando maleza e retirando restos de materiais que se atopaban na estrutura de formigón da obra abandonada no ano 2008, naquelas datas a empresa construtora crebaba e a propiedade quedou en mans de Sareb, a sociedade de xestión de activos procedentes da reestruturación bancaria.
O alcalde sinala que a "desastrosa xestión do anterior goberno pagarémola cara, todos, durante moito tempo", afirmou na súa visita á zona, onde se acometen medicións topográficas de fronte ao proxecto das Termas. Os cálculos iniciais de demolición e tratamento dos residuos daquel proxecto inconcluso elévanse a 700.000 euros.
Andrés Díaz lamenta a perda o "espectacular edificio de pedra" do Balneario e mantén o seu objetvio de recuperar o prestixio de vila termal para o municipio. "Non vou parar ata conseguilo", afirma.
Relacionadas:
-
A Estación Termal de Ponte Caldelas pronto será unha realidade: "É un empeño persoal meu e non pararei ata conseguilo"
Por Redacción |
-
Dúas das imaxes 'desaparecidas' da Capela do Balneario volven a casa
Por Redacción |
-
Inicio da nova edición do programa Ponte Caldelas Termal
Por Redacción |
-
A Xunta inicia traballos de limpeza en estradas autonómicas de Vilagarcía e Caldas de Reis
Por Redacción |
-
25 árbores para a reformada Estrada do Balneario
Por Redacción |
-
A estación termal de Ponte Caldelas aspira ás axudas dos ministerios para a Transición Ecolóxica e de Turismo
Por Redacción |
-
O Pleno de Ponte Caldelas aproba o anteproxecto da Estación Termal
Por Oskar Viéitez |