Un xogo interactivo invita a coñecer a historia das mulleres de Pontevedra
Por Redacción
Na busca de novos públicos para seguir a difundir a memoria e o legado de mulleres senlleiras na historia da cidade, o programa municipal A memoria das mulleres decidiu impulsar un xogo interactivo para achegarse a estas figuras dun xeito máis lúdico e participativo.
Este xogo dixital garda estreita relación cun dos murais máis recoñecibles da nosa cidade, situado na rúa Poza dos Canos.
É unha especie de visita virtual ao mural Historia das mulleres pontevedresas, onde podemos premer sobre cada un dos números que acompañan as 23 mulleres incluídas no mesmo.
A modo de adiviñanza, obtemos dez pistas biográficas sobre quen é a muller que se agocha tras delas, tentando adiviñarmos a súa identidade.
A solución está a tan só un clic e aparece o seu nome, xunto cunhas breves liñas sobre a súa vida e o seu legado, ademais dunha nova ligazón a unha biografía máis completa incluída na mesma web do proxecto A memoria das mulleres.
Relacionadas:
-
O Mural das Mulleres na Historia de Pontevedra loce como novo
Por Redacción |
-
"A maioría de rúas teñen nome de homes. En Pontevedra isto está mudando"
Por Redacción |
-
Escultura para homenaxear a figura da mestra Daría González
Por Redacción |
-
E se as cousas non foron como nos contaron?
Por Alejandro Espiño |