O Mural das Mulleres na Historia de Pontevedra loce como novo
Por Redacción
Case dous anos e medio despois da súa inauguración, o Concello de Pontevedra aprobou o repintado do Mural das Mulleres na Historia de Pontevedra realizado por artistas locales como Tania Solla, Rebeca Prieto, Polo Correo do Vento e Rei Zentolo.
O mural foi unha iniciativa da Concellería de Patrimonio Histórico e nel aparecen representadas mulleres que foron importantes para a cidade como Amalia Álvarez, María Victoria Moreno, Ernestina Otero, Carmen Durán ou Mercedes Ruibal, converténdose nun espazo de referencia.
En total, Mulleres de Pontevedra na Historia ocupa 35 metros de ancho por 4 de alto e percorre 5 séculos de historia da cidade, na que teñen cabida a almiranta Isabel Barreto; intelectuais e escritoras como Concepción Areal, María Vinyals Ferrés ou María Victoria Moreno; profesionais da Educación como Ernestina Otero ou Daría González; empresarias como Clara López ou Carmen Durán; represaliadas como Elvira Lodeiro ou Josefina Arruti; mulleres como a Sra. Lola... En definitiva, mulleres que teceron e tecen o noso pasado e presente.
Relacionadas:
-
Novo programa de igualdade da Deputación dirixido ás asociacións
Por Redacción |
-
Un xogo interactivo invita a coñecer a historia das mulleres de Pontevedra
Por Redacción |
-
Instalarán paneis nas rúas con nome de muller para dar información sobre as homenaxeadas
Por Alejandro Espiño |
-
Un mural que "salda a débeda" de Pontevedra coas mulleres que non se resignaron "a que a historia fora gris"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Pinceladas moradas para seguir dando luz á historia das mulleres de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra recordará nun mural a vinte e dúas grandes mulleres da súa historia
Por Alejandro Espiño |