Bandeirolas conmemorativas do dobre Ano Santo ondean en Caldas
Por Redacción
O paso do Camiño de Santiago polo municipio de Caldas de Reis atópase engalanado despois de que a Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, instalase bandeirolas conmemorativas do dobre Ano Santo, dentro do programa de intervencións Xacobeo Benvida.
Luís López, delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, acompañado polo alcalde Juan Manuel Rey e outros representantes municipais visitaba a localidade para coñecer este tramo do roteiro xacobeo portuguesa na zona da céntrica Rúa Real.
O representante autonómico sinalou a importancia que esta conmemoración ten no marco cultural, relixioso e patrimonial polo seu peso na reactivación económica tras a fase máis dura da pandemia.
Co programa da Xunta, ademais de adornar esta rúa por onde transcorren os camiños Portugués e Portugués pola Costa, tamén se embeleceron outras vías como a rúa Real de Pontevedra e outras de Tui, A Guarda ou Lalín.