Correos ofrece aos peregrinos unha credencial dixital na súa oficina principal de Pontevedra
Por Redacción
Os peregrinos que no seu camiño a Santiago de Compostela pasan por Pontevedra poden facer parada na oficina central de Correos na rúa Oliva para obter a súa Credencial dixital, que ten un selo específico da entidade postal.
Esta Credencial dixital está operativa desde o pasado xuño cando a Catedral compostelá lanzou unha aplicación móbil para que os peregrinos poidan recompilar os selos necesarios da Compostela de forma dixital. Ofrécese así unha aposta pola dixitalización e a seguridade no Camiño de Santiago.
Os selos dixitais obtéñense a través de códigos QR dispoñibles ao longo do Camiño. No caso de Correos, tamén se ofrece esta posibilidade nas 25 oficinas de Correos repartidas nos diferentes Roteiros Xacobeos. Ademais pódese conseguir o selo tradicional nas oficinas de Correos do Camiño de Santiago.
Non é o único servizo que este organismo ofrece aos camiñantes, dado que tamén oferta unha serie de servizos específicos para as necesidades que teñan de transporte de aveños, ou de consigna na propia cidade de Compostela.
Relacionadas:
-
Bandeirolas conmemorativas do dobre Ano Santo ondean en Caldas
Por Redacción |
-
O Camiño de Santiago segue recuperando peregrinos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Catro 'instagrammers' percorren o Camiño Portugués para promocionalo entre a mocidade
Por Redacción |
-
A Policía Nacional saca a cabalería para axudar ao peregrino e previr incendios
Por Natalia Puga |