Marín lanza dúas webs para dar a coñecer o seu patrimonio etnográfico
Por Redacción
O Concello de Marín impulsa a creación de dúas páxinas web nas que catalogar, ordenar e xeolocalizar dous tipos de elementos patrimoniais que difenen a estrutura sociolóxica da vila: as fontes e os lavadoiros.
Nos dominios www.fontesdemarin.com e www, lavadoirosdemarin. com é posible consultar preto de 130 elementos do patrimonio de Marín cunhas fichas multimedia nas que se inclúe unha galería fotográfica, unha imaxe 360, a xeolocalización e unha breve descrición do monumento.
Ambos os proxectos levaron a cabo grazas a unha sibvención concedida pola Deputación de Pontevedra. Ademais da sinalización dixital, serviu tamén para a renovación de todos os letreiros físicos, que agora contan cunha estética harmónica e adaptada á contorna.