Denuncian un novo acto vandálico na escola unitaria da Gándara, en Arcos de Furcos
Por Redacción
O goberno local de Cuntis condenou "enerxicamente" a nova acción vandálica que afectou á escola unitaria da Gándara, na parroquia de Arcos de Furcos.
O acto, que tivo lugar durante a noite do xoves, supuxo a deterioración da fachada do inmoble e tamén a rotura de cristais, segundo confirma o Concello.
"Ademais dun sobrecusto para as arcas municipais, estes danos supoñen en moitas ocasións un dano que é imposible revogar", sinalan desde o consistorio de Cuntis.
Ante esta situación o Concello pediu colaboración aos veciños para tentar localizar aos responsables das desfeitas.
Ademais está previsto intensificar a vixilancia na zona para tentar evitar que reproduzan este tipo de accións vandálicas.