Cuntis abre o prazo de inscrición para a 'casa niño' de Arcos de Furcos
Por Redacción
Ata cinco nenos e nenas poderá acoller a 'casa niño' que se habilitou na antiga escola de Arcos de Furcos. O prazo de inscrición será entre os días 21 e 24 de setembro.
A 'casa niño' é un centro de atención para nenas e nenos de 0 a 3 anos completamente gratuíto para as familias de concellos do rural de menos de 5.000 habitantes, que ofrecen unha atención próxima e individualizada para os máis pequenos.
Desde a Consellería de Política Social defenden que é un programa pioneiro que ten como obxectivo dotar a todos os concellos de Galicia dun servizo de conciliación.
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, destacou que este é un servizo moi importante para o municipio e instou aos interesados a non demorar o proceso de inscrición.
Para máis información ou para solicitar cita previa pódese contactar a través do Instagram da propia casa niño, no correo electrónico arcoscanido@gmail.com ou no teléfono 634 228 069.
Relacionadas:
-
Cuntis aumenta a oferta de conciliación e atención infantil coa apertura da casa niño
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian un novo acto vandálico na escola unitaria da Gándara, en Arcos de Furcos
Por Redacción |
-
Cuntis terá unha 'casa niño' para nenos e nenas de 0 a 3 anos
Por Redacción |
-
A escola infantil de Arcos de Furcos abocada ao peche pola súa baixa matrícula
Por Redacción |