Habilitan espazos para realizar xestións relacionadas coa covid en nove localidades da área sanitaria
Por Redacción
A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés confirmou a apertura de nove puntos de atención á cidadanía en cuestións administrativas relacionadas co coronavirus.
Este servizo permitirá entre outras cuestións a impresión do certificado de vacinación, de pasar a enfermidade, de contar cunha proba diagnóstica negativa, a activación do sistema 'Chave365' ou a tramitación dun alta rápida para persoas residentes fóra de Galicia, confirma o Sergas.
Serán as localidades cunha maior incidencia da pandemia as que contarán con este servizo: Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Sanxenxo, Cambados, O Grove, Marín, Bueu e Caldas de Reis. Todo iso con atención de luns a sábado.
A activación destes puntos comezará este sábado 31 de xullo en Pontevedra, Vilagarcía e Sanxenxo, estendéndose ao resto de poboacións a partir do luns día 2 de agosto.
Os puntos de atención para realizar xestións administrativas relacionadas coa covid son:
- Pontevedra: Edificio administrativo da Xunta en Benito Corbal (luns a venres de 9.00 a 21.00 horas e sábado de 9.00 a 15.00 horas).
- Vilagarcía de Arousa: Sala de exposicións do auditorio municipal (luns a venres de 9.00 a 21.00 horas e sábado de 10.00 a 14.00 horas).
- Vilanova de Arousa: Salón de plenos do concello (luns a sábado de 9.00 a 15.00 horas).
- Cambados: Oficina OMIX, no Pazo Torrado (luns a vernes de 9.00 a 21.00 horas e sábado de 9.00 a 15.00 horas).
- O Grove: Sala de exposicións do concello (luns a venres de 9.00 a 21.00 horas e sábado de 9.00 a 15.00 horas).
- Sanxenxo: Oficina de información e turismo do Porto Deportivo Juan Carlos I (luns a venres de 9.00 a 21.00 horas e sábado de 9.00 a 15.00 horas).
- Marín: Concello (luns a venres de 9.00 a 21.00 horas e sábado de 9.00 a 15.00 horas).
- Bueu: Centro Social do Mar (luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.30 e sábado de 9.00 a 15.00 horas).
- Caldas de Reis: A Tafona (luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.30 e sábado de 9.00 a 15.00 horas.