Vilagarcía contará cun novo centro de saúde de máis de 5.000 metros cuadrados
Por Redacción
A Xunta de Galicia vén de asinar un acordo co Concello de Vilagarcía e a Autoridade Portuaria para executar as obras dun novo centro e saúde de máis de 5.000 metros cadrados
Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade, en representación do goberno autonómico, asinou este venres o protocolo de actuación para licitar a substitución do actual centro de saúde de San Roque por un novo.
Segundo informou, será deseñado en virtude dun plan funcional elaborado pola Área Sanitaria de Pontevedra e Salnés, que prevé unha dotación de espazos que levarán a que o novo edificio conte cunha superficie de máis dun 50% sobre a superficie do actual centro.
O proxecto da obra contempla incrementar en tres as consultas de medicina xeral (ata 17), en catro as de enfermería (ata 17), en unha as de pediatría (ata 5) e en dous as de enfermería pediátrica (ata 5). Tamén duplicarán as consultas de especialistas como son traballo social, farmacia, matrona, odontoloxía, hixienista dental ou fisioterapia.
O crecemento non queda ahí, senón que as salas de técnicas pasarán de 2 a 4; as salas polivalentes, de 2 a 3; as consultas de docencia, de 1 a 5; e as salas de reanimación e observación da área de urxencias, pasarán de 1 a 2. Ademais, incorporarán áreas non existentes como unha sala de illamento, unha consulta do programa da muller, unha sala pediátrica integral (para prácticas como as nebulizacións), cabinas de tratamento e vestiarios do ximnasio de fisioterapia ou consultas médicas e de enfermería para que poidan acudir especialistas de hospital.
Aproveitando a rolda de prensa, Julio Comesaña anunciou que no Hospital do Salnés executarán a obra dunha nova unidade de esterilización. Será licitada á volta do verán e completará o investimento de 8,5 millóns de euros da ampliación que rematou en 2017.
Durante a firma do protocolo, Comesaña estivo acompañado polo Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, José Manuel Cores Tourís e o alcalde da cidade, Alberto Varela, e descatou que a construción deste novo centro de saúde será nas mesmas condicións nas que o Sergas os constrúe nos restantes concellos galegos.