![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5259603b21eb9-lugarexactodeladetencion22.jpg)
CC BY-NC-SA Diego Torrado
Deteñen en Poio o fuxitivo que escapou da Policía nun coche roubado e a pé por Pontevedra
![Natalia](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/9b5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/577f8fbb69-hkm23_ri.jpg)
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5351251fd8101-20131011_helicoptero_1.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/ae4/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/54c6457147-img_9961.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
A Policía Nacional detivo a Felipe S.C., o veciño de Pontevedra de orixe portuguesa que na mañá do venres protagonizóu unha espectacular persecución e fuxida polas rúas da cidade primeiro nun Volkswagen Touareg roubado o día anterior en Vigo e logo a pé. No dispositivo de busca participaron nun primeiro momento varias patrullas das policías Nacional e Local e un helicóptero policial e dende o mediodía do venres tamén a Garda Civil. Malia todo, conseguiu eludir o cerco policial durante preto de 23 horas.
A detención produciuse sobre as 10.15 horas deste sábado. O fuxitivo, de 37 anos e con numerosos antecedentes policiales e penais, escondérase nunha zona situada nas inmediacións do centro sanitario da Merced, en Poio, pero foi descuberto por unha patrulla da Policía Nacional que participaba no dispositivo de busca. Fontes consultadas sinalaron que tería dormido por unha zona de monte próxima ao aparcamento do sanatorio e que a Policía tiña establecido un operativo para darlle alcance.
Tras o arresto, foi trasladado á Comisaría da Policía Nacional de Pontevedra, onde se está completando o atestado policial. Inclúese contra el unha denuncia polo roubo dun Volkswagen Touareg o xoves en Vigo, a súa fuxida da Policía durante preto de 23 horas (entre as 11.30 horas do venres e as 10.15 de hoxe sábado) e os danos ocasionados en 15 coches mentres intentaba eludir aos axentes que lle perseguían pola zona de San Roque.
Fontes policiais indicaron que tamén se lle atribuirán os danos ocasionados no coche roubado (na fuxida perdeu unha porta e sufriu cuantiosos danos materiais e mecánicos) e no lateral da sede da Seguridade Social de Pontevedra na que rematou encaixado. Ademais, estúdase a súa posible implicación noutros delitos.
Unha vez se conclúan todas as dilixencias, o home, que saiu recentemente dunha longa estancia en prisión, pasará a disposición do Xulgado de Garda de Pontevedra. Está previsto que sexa entre a tarde do domingo e a mañá do luns.
O venres, durante a fuxida de Felipe S.C. a Policía Nacional detivo a unha muller de 24 anos e orixe portuguesa que empezou o escape con el na rúa Almirante Matos, pero saíu despedida do vehículo aos poucos metros. Logo de prestar declaración na Comisaría, foi posta en liberdad a lo longo da tarde do venres coa obriga de declarar ante o xuíz de garda cando sexa requerida.
Relacionadas:
-
Condenan a cinco anos de prisión ao kamikaze do Touareg
Por Oskar Viéitez |
-
Ingresa en prisión o perigoso delincuente que fuxíu da Policía polas rúas de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
A fuxida do condutor do Touareg: "Estuvo escondido en mi tienda cuatro minutos, se le notaba muy nervioso"
Por Natalia Puga |
-
Testemuñas da persecución do fuxitivo: "era como Fast and Furious"
Por Natalia Puga |
-
Buscan un perigoso delincuente que fuxiu por toda a cidade nun coche roubado e a pé
Por Natalia Puga | Creada e actualizada