A fuxida do condutor do Touareg: "Estuvo escondido en mi tienda cuatro minutos, se le notaba muy nervioso"
Por Natalia Puga
As policías Local e Nacional de Pontevedra, a Garda Civil e outros Corpos de Seguridade de toda a provincia continúan co dispositivo de busca activo para localizar a Felipe S.C., o veciño de Pontevedra de 37 anos e orixe portugúes que na mañá deste venres protagonizou unha espectacular fuxida e persecución policial pola cidade primeiro nun coche roubado e logo a pé.
A fuxida tivo como escenario practicamente todas as rúas do centro da cidade dende que a Policía Nacional lle localizou no Volskwagen Touareg roubado o xoves en Vigo cando circulaba por San Roque. Danou 15 vehículos estacionados, perdeu a porta do condutor, deixou polo camiño o seu acompañante (unha moza de 24 anos agora detida) e rematou co coche encaixado na sede da Seguridade Social en Arcebispo Malvar. Logo emprendeu un escape a pé que o levou a intentar esconderse no supermercado Gadis de Campolongo ou na tenda Deportes Guimeráns de Cobián Roffignac.
O propietario do negocio, ÿscar Guimeráns, foi unha das persoas que achegou pistas á Policía sobre o paradoiro do fuxitivo para que puidesen seguilo despois de que este estivese "cuatro minutos escondido en mi tienda". Claro que naquel momento non sabía que tiña no seu local a un fuxitivo, senón a un cliente que lle pareceu sospeitoso. Tiña un home con numerosos antecedentes policiais, considerado perigoso e que saíu recentemente dun longo período no centro penitenciario da Lama.
Felipe S.C. chegou á tenda pouco despois de deixar o coche en Arcebispo Malvar. Estaba "vestido con una camiseta del Barça y vaqueros", entrou e "se quedó en la puerta, de espaldas a nosotros" ata que "empezaron a sonar sirenas y le vi que ya no sabía qué hacer". Nese momento, "se fue hacia atrás y empezó a preguntar por camisetas y cosas del Barça".
ÿscar Guimeráns notoulle que "estaba muy nervioso, ni se le entendía, paseaba de aquí para allá" e, ao escoitar que as sereas policiais remataran, foise correndo rúa arriba. Aos poucos minutos viu pasar unha patrulla da Policía Local e díxolle que un cliente sospeitoso se fora do seu comercio. Deulle a descrición, trasladáronlle que lle estaban a buscar e os axentes lle seguiron a pista. Pola tarde volveron para tomarlle declaración.
Relacionadas:
-
Condenan a cinco anos de prisión ao kamikaze do Touareg
Por Oskar Viéitez |
-
Ingresa en prisión o perigoso delincuente que fuxíu da Policía polas rúas de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
Declara ante o xuíz o perigoso delincuente que fuxiu nun coche roubado e a pé por Pontevedra
Por Anxo Lourido & Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Deteñen en Poio o fuxitivo que escapou da Policía nun coche roubado e a pé por Pontevedra
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Testemuñas da persecución do fuxitivo: "era como Fast and Furious"
Por Natalia Puga |
-
Buscan un perigoso delincuente que fuxiu por toda a cidade nun coche roubado e a pé
Por Natalia Puga | Creada e actualizada